miércoles, 15 de mayo de 2013

Moción del PSdeG-PSOE sobre la tala de árboles en Gaxate y Verducido.



O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base a seguinte


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Fai uns días que tivemos coñecemento da pretensión da Xunta de Galicia de talar os árbores plataneiros centenarios que discorren pola estrada C-531 o seu paso polas aldeas de Gaxate e Verducido.

O paseo de entrada a aldea de Gaxate, ademais de ser un importante valor natural do noso entorno, forma parte integral da identidade cultural da aldea, pois está relacionado coa chegada de emigrantes que plantaron aqueles árbores.

Para Gaxate son un símbolo da aldea.

No caso de Verducido, a situación e similar. Case trinta árbores están en risco de ser cortados a altura do quilómetro 12 , enfréente da casa reitoral e da casa do pobo, no que é unha clara agresión a estética da aldea.

Dende a administración local, e conscientes das xestións que ten realizado o alcalde de A Lama, consideramos que o pleno da corporación ten unha oportunidade de manifestar o rotundo rexeito a tala para facer presión a Xunta de Galicia.


Así, o Grupo Municipal Socialista presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en Pleno:


O Pleno do Concello de A Lama acorda:

      1. Rexeitar a tala dos 44 árbores centenarios marcados en Gaxate e os 28 marcados en Verducido.

      1. Trasladar este acordo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

      1. Estudar a posibilidade de declarar a zona como formación senlleira de Galicia.


MAIO 2013

Asdo.: O Portavoz Municipal do Grupo Socialista
ENRIQUE VAQUEIRO COSTAL


No hay comentarios:

Publicar un comentario